jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha árbore caída sobre a vía do tren volve a cortar a...

Unha árbore caída sobre a vía do tren volve a cortar a liña do Miño

A caída dunha árbore sobre a catenaria da vía ferroviaria do Miño interrumpiu a ruta do tren ao seu paso por Arbo .

Sucedeu onte, na liña Vigo-Ponferrada, con trasbordo previsto en Arbo, pasando o apeadeiro de Sela. Debido á caída da árbore, o tren tivo que retoceder á estación de As Neves, onde quedou estacionado; e os pasaxeiros tiveron que agardar a que un autobús os recollese na estación de Sela, para seguir por estrada ata Ourense.

É o segundo contratempo que a liña do Miño sofre esta semana. O mércores, un socavón de grandes dimensións, preto da estación de Frieira, en Crecente, obrigaba a cortar a liña entre Vigo e Monforte.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES