miércoles, abril 24, 2024
InicioComarcasLouriñaDesarticulado un punto de venda de droga no centro do Porriño

Desarticulado un punto de venda de droga no centro do Porriño

A Garda Civil desarticulou un importante punto de venta e distribución de drogas nunha casa localizada nunha rúa céntrica do Porriño, onde se incautaron tres kilos de marihuana e a infraestrutura dunha planta indoor.

As investigacións comezaron no pasado mes de decembro, cando se tivo sospeitas de que a vivenda se estaba utilizando como punto de distribución e venda de droga ao “menudeo”, xerando inseguridade no vecindario pola afluencia de consumidores habituais de estupefacientes.

Grazas a colaboración da Garda Civil e a Policía Local do Porriño, xunto coa Garda Civil de Mos, interceptáronse varios consumidores inmediatamente despois de ter comprado a droga na citada vivenda.

O operativo culminou coa detención da persoa responsable do inmoble, un varón de 27 anos con antecedentes policiais por ese tipo de delitos.

No rexistro do domicilio, incautáronse 32 botes de cristal, unha caixa de cartón e dúas bolsas de plástico con peche hermético, que contiñan tres kilos de cogollos de marihiana, ademais de 2.500 euros en efectivo, dúas básculas de precisión e unha envasadora ao baleiro.

Ademais, a vivenda estaba dotada dunha infraestrutura necesaria para montar unha plantación interior, con deshumificador de aire, termostato de temperatura e humidade, lámpadas intensivas, ventiladores e reguladores de potencia, armario de cultivo e medio centenar de maceteros e fertilizantes.

O detido, xunto aos efectos intervidos, foi posto a disposición do Xuzgado de Instrución de Garda de O Porriño, que decretou a súa liberdade con cargos. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES