sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísO avance da cepa británica en Galicia motiva as restricións

O avance da cepa británica en Galicia motiva as restricións

Galicia descarta rebaixar as actuais restricións para conter a COVID-19 de momento. Sanidade confirma nos seus laboratorios que de 100 casos secuenciados, 50 son da cepa británica. A súa elevada capacidade de contaxio preocupa a Sanidade e mantén as medidas restrictivas para frear o seu avance.

Precisamente, a Xunta apunta á cepa procendete do Reino Unido como causa da virulencia desta terceira vaga.

«Un 50% dos virus secuenciados no laboratorio de referencia de Vigo son procedentes da cepa británica», dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. «Boa parte da explosión da terceira onda ten que ver coa mutación do virus e que esta cepa sexa dominante».

O Sergas informa qued os casos detectados da cepa británica do coronavirus en Galicia pasaron de 16 da semana pasada a 41 confirmados e secuenciados». Con todo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, aclara que non se pode falar de que porcentaxe representan estes casos porque «non hai capacidade de facer secuenciación a todos os positivos».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS