sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoEntroido en branco e negro no Rosal

Entroido en branco e negro no Rosal

O entroido chega hoxe ao Rosal dun xeito diferente: o Concello organiza unha exposición de fotografías coa que se rememora décadas de celebración do carnaval nos diferentes barrios rosaleiros.

 Os veciños poderán desfrutar dende este venres 12 ata o vindeiro 17 de febreiro desta mostra que estará situada ao aire libre na Praza do Calvario. A través de máis de 100 fotografías dispostas en distintos paneis, o público poderá percorrer a historia do entroido en Novás, Fornelos, San Xián e O Rosal dende os anos 60 ata a actualidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES