jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriña58 salcedenses logran emprego logo de participar nun plan municipal

58 salcedenses logran emprego logo de participar nun plan municipal

O Programa Integrado de Emprego (PIE) de Sacleda de Caselas atendeu a 100 persoas desempregadas, acadando os obxectivos para un 58%, aínda que ata un 77% conseguiron un contrato laboral durante o desenvolvemento do PIE

Cabe destacar o caso de sete persoas participantes que retomaron os seus estudos de formación regrada, ou o de outras sete que puideron sacar o permiso de conducir B1 dentro do programa.
Dende outubro de 2019 en que se iniciou o programa, as persoas desempregadas puideron acceder a diferentes accións formativas, destacando certificados de profesionalidade como os de tarefas administrativas ou limpeza de edificios. Realizáronse un total de 5.858 horas de formación, das cales 4.722 foron de xeito telemático. Estas accións incluíron formación práctica en diferentes empresas da zona, que na ampla maioría dos casos desembocou nun contrato laboral nesas mesmas empresas.
Verónica Tourón, Concelleira de Formación e Emprego: “Estamos moi satisfeitas cos obxectivos de inserción acadados, que superaron amplamente o noso compromiso. Temos que lamentar que a Xunta de Galicia non volvese apostar polos Concellos para seguir a xestionar os Programas Integrados de Emprego na nova convocatoria de 2021”.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Nun ano complexo coma este, marcado pola covid19, fomos quen de xestionar a maior subvención de emprego dos últimos anos, facendo que 100 veciños e veciñas tiveran unha oportunidade de formación para o emprego, tan importante nestes tempos».
O Programa supuxo un investimento de 305.000 €, financiados integramente pola Consellería de Emprego e Benestar da Xunta de Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES