sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísNovo equipamento nas áreas sanitarias para loitar contra a COVID-19

Novo equipamento nas áreas sanitarias para loitar contra a COVID-19

A Xunta destina 2,3 millóns para adquirir tomógrafos, ventiladores e equipos de radioloxía para loitar contra a COVID.19 nos hospitais públicos de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, un investimento de máis de dous millóns de euros na adquisición de equipamento para as sete áreas sanitarias, entre os que destacou: 31 ventiladores non invasivos, 16 equipos de radioloxía portátil e 7 tomógrafos de impedancia eléctrica.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu na importancia de que os centros hospitalarios estean preparados para dar resposta aos pacientes non só cun diagnóstico correcto, senón tamén mellorando as condicións do seu equipamento, evitando, dixo, ingresos na UCI cando non requiran un ventilador invasivo e traslados de pacientes a radioloxía para realizar as probas.

Finalmente, o titular do Goberno galego aseverou que esta nova compra, que se realizou mediante a tramitación de emerxencia do expediente de contratación, ten como obxectivo seguir dotando aos hospitais públicos galegos de máis recursos para facer fronte á pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES