sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta anunciará como será a desescalada o luns

A Xunta anunciará como será a desescalada o luns

Así o anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, na conferencia de prensa posterior ao Consello.

O luns 15 de febreiro o goberno galego anunciará novas medidas «que sexan oportunas» no contexto da pandemia da COVID-19 na comunidade, segundo dixo Feijóo.Será ese día cando se coñecerá o plan de desescalada e se son «moitos ou poucos» os levantamentos das restriccións. O presidente asegurou que » non se poderá volver en ningún caso a situacións anteriores», pero que, se a evolución epidemiolóxica o permite, si se producirá unha apertura gradual.

O Comité Clínico valora a incidencia acumulada, o número de novos positivos en COVID-19, o número reproductor básico e a porcentaxe de positividade, entre outros elementos, para decirid a flexibilización, ou non, das medidas máximas de prevención fronte o virus que rexen en Galicia dende hai dúas semanas e que teñen vixencia ata o 17 de febreiro.

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS