jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsO PaísPolicías, bombeiros ou profesores porán a vacina de Astrazeneca

Policías, bombeiros ou profesores porán a vacina de Astrazeneca

Bombeiros, policías ou profesores serán uns dos profesionaisen activo que porán a vacina de Astrazeneca, indicada para menores de 55 anos, por motivos de eficacia probada.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias:

Foi a Comisión de Saúde Pública quen definiu este martes os novos grupos con prioridade para a vacina de AstraZeneca e a Universidade de Oxford. Están incluídos neles os membros das Forzas Armadas, funcionarios de Prisións, membros de Corpos de Seguridade, Bombeiros ou profesores.

No encontro entre o Ministerio de Sanidade e as Comunidades Autónomas, seguiuse avanzando na Estratexia de Vacinación e estableceuse  un novo subgrupo dentro do persoal sanitario e sociosanitario que considera os colectivos en función do risco de exposición da actividade laboral. Incluíuse nun subgrupo do Grupo 3 aos fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, persoal de oficinas de farmacia, medicina legal, servizos de axuda a domicilio, centros de menores e centros de día. Tamén se inclúe os traballadores de Institucións Penais.

Quedou definido tamén o Grupo 6 que inclúe a colectivos cunha función esencial para a sociedade e nel inclúense as Forzas e Corpos de Seguridade (Policía Nacional, Garda Civil, policías autonómicas e policías locais), outro persoal de emerxencias como os bombeiros e membros das Forzas Armadas. Neste grupo tamén se inclúe docentes e persoal de educación infantil e necesidades educativas especiais e docentes de primaria e secundaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS