sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasArbo súmase a Nigrán e Gondomar e sae da zona de risco

Arbo súmase a Nigrán e Gondomar e sae da zona de risco

O concello de Arbo sae da lista da incidencia de risco e sitúase agora nunha inferior a 250 casos por cada 100.000 habitantes.

 

Así, Arbo, con non máis de nove positivos entre a súa veciñanza en dúas semanas, sae da zona de risco como xa o fixeron onte o municipio de Nigrán e o de Gondomar.

Arbo 16 (=)

Nigrán 35 (-5)

Gondomar 32 (-1)

Pazos de Borbén continúa aumentando o seu número de novos positivos diagnosticados en COVID-19 entre a súa veciñanza. son 37 (+2), segundo os datos do SERGAS. O Tomiño, logo de rebaixalos na xornada anterior, aumenta agora en tres positivos ata os 73. En Oia é un máis, 19.

O concello das comarcas que rexistra un maior descenso é o de Ponteareas con 17 menos. Así, 175 veciños e veciñas da vila do Corpus deron positivo en COVID-19 nos últimos 14 días. O seguinte que máis baixa é o da Cañiza con 14 menos ata os 46 ao igual que Crecente ata os 15.

Soutomaior 130 (-10)

Salvaterra de Miño 38 (-10)

Salceda de Caselas 71 (-9)

Mos 79 (-7)

Redondela 196 (-5)

O Porriño 134 (-4)

Baiona 32 (-3)

Mondariz 46 (-3)

O Covelo 16 (-2)

A Guarda 33 (-1)

Tui 155 (-1)

As Neves 16 (=)

Mondariz Balneario 1-9 (=)

Fornelos de Montes 1-9 (=)

Nigrán, coa mellor situación epidemiolóxica

 

O concello de Nigrán rexistra a mellor situación epidemiolóxica das comarcas con 197 casos por cada 100.000 habitantes. Pola contra, é Soutomaior cunha maior incidencia: 1751.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS