miércoles, mayo 15, 2024
InicioComarcasParadantaA Xunta solicita ao Ministerio a reapertura da vía de emerxencia no...

A Xunta solicita ao Ministerio a reapertura da vía de emerxencia no túnel da Cañiza

A Xunta solicítalle ao Ministerio de Transportes a reapertura da circulación pola vía da emerxencia no túnel do Folgoso da A-52 na Cañiza.

Así o di a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, «para paliar o impacto económico e social do peche». Vázquez vén de remitirlle ao Secretario do Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, unha carta na que lle demanda información sobre os procedementos para resolver esta situación.

O corte, motivado polo incendio dun camión, obriga aos usuarios e as usuarias a desviarse a 23 quilómetros pola N-120, cun só carril por sentido e tránsito polo caso urbano. Este desvío aumenta en máis de media hora a viaxe, «perxudicando ao transporte e aos traballadores e traballadoras ou mesmo aos servizos sanitarios ou educativos».Insiste Ethel Vázquez en que «as actuais restricións derivadas da pandemia motivan que as persoas que realizan este traxecto entre Ourense e Vigo o fagan por razóns de necesidade xustificada».

 A carta da conselleira resalta a preocupación da Xunta logo de trasladar os profesionais sanitarios que o peche dificulta unha resposta axeitada ante posibles urxencias. Lembra a responsable de Infraestruturas e Mobilidade que non hai unha alternativa ferroviairia axeitada e insta ao Ministerio a impulsar o Corredor Atlántico e a modernizar a liña de tren entre Vigo e Ourense, «moi deteriorada» e na que «onte mesmo se rexistrou un novo socavón».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES