domingo, abril 14, 2024
InicioNewsO PaísOs restaurantes obrigados a entregar as sobras sen plásticos

Os restaurantes obrigados a entregar as sobras sen plásticos

Os restaurantes están obrigados a entregar as sobras aos seus clientes en envases que non sexan de plástico e a poder ser reutilizables. Figura na nova Lei de Residuos e Solos contaminantes aprobada este martes no Parlamento galego só cos votos do PPdeG.

A maioría absoluta do PPdeG no Parlamento galego permitiu este martes a aprobación definitiva da nova lei de residuos e soloscontaminados de Galicia. O BNG e o PSdeG non a apoiaron por considerar que é «obsoleta» e por non ser consensuada coa oposición. O PP rexeitou todas as enmendas.

Esta lei, que entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), topouse co ‘non’ unánime dos dous grupos da oposición, cuxas emendas foron rexeitadas de novo no pleno. Tanto BNG como PSdeG vena «obsoleta» fronte á normativa europea e critican a falta de «acordo» ao longo da súa tramitación na Cámara.

A norma establece a diminución dos refugallos, que en 2025 –fronte ao 2030, como marca a Unión Europea– deberán ser en Galicia uns 15% inferiores aos do ano 2010. En canto aos residuos alimentarios, o obxectivo é reducilos nun 30% para o ano 2025 e nun 50% para o 2030, o que está directamente vinculado á obrigatoriedade de que os restaurantes entreguen as sobras.

Desde a oposición, o deputado do BNG, Luís Bará, tachou o texto de «lei do Pleistoceno» por ser «desfasada, obsoleta, anticuada e do pasado». «Non ten en conta a nova realidade na que estamos», dixo, en referencia á crise sanitaria da covid.

Pola súa parte, a deputada do PSdeG, Paloma Castro, tamén afeou a negativa do PP a un «achegamento de posturas»: «Na tramitación, o bo ton do relatorio quedou só niso, nun bo ton, porque ao final houbo unha ausencia total de participación cos grupos e cos sectores afectados».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES