sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasDetido en Mos un cangués por tráfico de drogas

Detido en Mos un cangués por tráfico de drogas

Incautóuselle 8.52 gramos de haxix, 6.21 gramos de cocaína e 0.54 gramos de heroína, xunto con útiles para a súa distribución e venda ao por menor, así como 1.350 euros en efectivo e xoias.

 A Garda Civil detivo en Mos a un varón que foi sorprendido cando levaba agochado no seu vehículo un amplo surtido de estupefacientes supostamente dispostos para a súa distribución e venda ao por menor.
O detido, veciño de Cangas, de 49 anos, xunto coa droga incautada, o coche e os demais efectos intervidos, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda número un do Porriño, que decretou a súa liberdade con cargos
Os feitos sucederon durante a tarde do pasado domingo, cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Mos, con apoio da Policía Local, localiza un vehículo mal estacionado nunha céntrica rúa da localidade cuxo condutor infundiulles sospeitas
Ao proceder á identificación do condutor e único ocupante do vehículo, aprécianse indicios de que puidera estar baixo os efectos de sustancias estupefacientes, debido a que estaba desorientado e presentaba somnolencia. Ademais obsérvanse ao seu carón útiles propios do consumo de estupefacientes.
Ao proceder ao rexistro do vehículo, os axentes déronse conta de que no asento do copiloto había un cacho dunha sustancia marrón, supostamente haxix e un bolso onde atopan un pequeno surtido de estupefacientes  e útiles para usar na venda, como unha navalla e unha báscula de precisión e envoltorios, así como 1.350 euros e una bolsa con varias xoias.
Ante os evidentes signos de que ditas drogas estaban predispostas para a súa distribución e venda ao por menor, procedeuse a súa incautación e á detención do condutor como suposto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS