sábado, junio 15, 2024
InicioNewsO PaísConvocadas as probas de acceso aos ciclos formativos

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos

Favorécese deste xeito que as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos poidan cursar estas ensinanzas.

A Xunta de Galicia acaba de convocar probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021, como así se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. O obxectivo é permitir cursar estas ensinanzas ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou un título profesional básico (ou equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou un título de técnico de formación profesional (ou equivalentes).

Deste xeito a Consellería de Cultura, Educación e Universidade facilita e impulsa que as persoas continúen formándose para acadar unhas mellores condicións para o acceso ao mercado laboral.

En ambos casos as solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas (desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar na secretaría de calquera centro docente público da Consellería que imparta FP este curso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES