viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísCaída moi moderada das hospitalizacións de COVID-19

Caída moi moderada das hospitalizacións de COVID-19

Os hospitais galegos teñen 1.278  persoas ingresadas por COVID-19, son 39 menos que o día anterior; se ben da UCI so saíron 6 persoas; continúan graves 248 galegos e galegas infectados de coronavirus.

Os hospitais galegos teñen en planta 1.030 persoas, logo de que 33 recibiran a alta médica.

Galicia ten 18.452 casos activos de COVID-19 logo de que na última xornada se detectaran 582 novos positivos pero coas altas e os falecementos os casos activos descenderan en 794 en toda Galicia.

O número de vítimas en Galicia no que vai de pandemia elévase a 1.988, logo de que Sanidade notificara onte o pasamento de 21 persoas por mor da covid.

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 5.103 (-58)

Vigo: 3.012 (-134)

Santiago: 2.724 (-208)

Pontevedra: 2.305 (-178)

Ourense: 1.991 (-105)

Lugo: 1.721 (-46)

Ferrol: 1.596 (-65)

A positividade mantense por debaixo do 5 %. Na xornada de onte realizáronse 11.527 probas PCR (-245), das cales deron positivo 489 (-1). Isto revela unha positividade do 4,24 %, só 0,08 puntos máis ca onte. Van dúas xornadas consecutivas coa positividade por debaixo do 5 %, limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada unha pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES