martes, abril 23, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboAs conclusións da OMS trala súa misión en Wuhan

As conclusións da OMS trala súa misión en Wuhan

A equipa internacional enviada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) a China para investigar a orixe da pandemia de Covid-19 concluíu a súa estadía no país cunha rolda de prensa na que desvelou algunhas claves das súas averiguacións.

«Non cambiou o noso entendemiento [sobre o coronavirus], pero definitivamente sabemos máis sobre el», sinalou Peter Ben Embarek, xefe da misión da OMS e especialista en zoonose.

A súa investigación, segundo información da BBC, durou aproximadamente dúas semanas e foi estritamente controlada polas autoridades chinesas, que se resistiron a esta misión nun principio, entre chamados de EE.UU. a que fora máis trasparente e críticas de Pekín a Washington por «politizar» o asunto.

Tras meses de negociacións e unha vez no país, desde a OMS aseguraron que os expertos chineses no terreo amosáronse abertos con eles.

Resumimos as primeiras conclusións da OMS, anunciadas nunha conferencia de case tres horas.

1. A fuga dun laboratorio é «extremadamente improbable»

Na conferencia de prensa, celebrada en Wuhan, o xefe da misión internacional descartou a teoría de que o virus se filtrara dun laboratorio, un argumento no que insistiu o goberno de Donald Trump sen presentar proba algunha e que foi obxecto de teorías da conspiración.

En concreto, a administración Trump apuntou á posibilidade de que o virus xurdira do Instituto de Viroloxía de Wuhan, un dos principais de China no estudo de patóxenos de nivel 4, que requiren o máximo grado de seguridade biolóxica, e que foi un dos designados polas autoridades para analizar a secuencia do xenoma do novo coronavirus.

Tras visitar este laboratorio e outros, Embarek destacou os «estritos protocolos de seguridade» neste tipo de instalacións e argumentou que antes da aparición do virus «ningunha publicación científica nin ningún informe en ningún laboratorio do mundo» tería falado del.

As filtracións deste tipo son «infrecuentes», remarcaron.

Por todo isto, a equipa da OMS sinalou que esa liña de investigación non será incluída en estudos futuros.

2. Morcegos?

A equipa da OMS investigou catro fontes potenciais da orixe do contaxio de SARS-CoV-2 a humanos:

• Transmisión directa de animal a humano.
• Transmisión a través dun hóspede animal intermedio (de animal a animal e logo a humanos)
• Transmisión por medio dalgún alimento conxelado da cadea de frío
• Posible fuga dun laboratorio

«Os investigadores consideran que a máis probable é a segunda opción e esta liña de investigación foi priorizada», informou o corresponsal da BBC en China, Stephen McDonell, que asistiu á rolda de prensa.

«Todo continúa a sinalar a un reservorio deste virus, ou dun virus similar, en poboacións de morcegos», sinalou Embarek.

Non obstante, consideraron improbable que isto se atopara en Wuhan. A equipa, por tanto, intentou atopar «outras especies animais que puideran contribuír a introducir o virus» na urbe chinesa, como hóspedes intermedios.

«Non parece que existira unha grande circulación do virus en ninguna especie animal no país», onde os científicos chineses analizaron miles de especies sen que se puidese identificar a ningunha especialmente portadora, indicou.

3. Cadea de frío

Malia que a transmisión a través dun hóspede animal intermedio «é a [causa] máis probable e a que requerirá máis estudo e investigación», Embarek tamén considerou posible a transmisión por medio dalgún alimento conxelado da cadea de frío, malia que dixo que non sabían moito sobre iso.

O zoólogo explicou que a equipa identificara a vendedores do mercado «mollado» de Huanan, ao que se vencellaron algúns dos primeiros casos oficiais de Covid-19 e no que se vendían produtos animais conxelados, incluídos animais salvaxes.

«Así que temos o potencial de continuar esta pista e investigar a cadea de suministro e os animais que foron distribuídos ao mercado», recalcou.

As autoridades chinesas atribuíron os últimos rebrotes vividos no país aos conxelados importados do estranxeiro e ás persoas vidas doutros países, suxerindo que o virus puido orixinarse noutra nación.

«Sabemos que o virus pode sobrevivir en condicións que se atopan nestos ambientes xeados, fríos, pero en realidade non sabemos si o virus se pode transmitir a humanos» ou en que condicións, precisou Embarek.

De aí que recomendara máis estudos sobre esta área.

4. Antes de Huanan

A equipa da OMS ademais revelou que non atoparon «grandes evidencias» de que o virus estuvera circulando en Wuhan antes de que se rexistraran os primeiros casos en decembro de 2019.

«Para entender o panorama de decembro de 2019 embarcámonos nunha investigación moi detallada e profunda doutros casos que puideron non detectarse, previos en 2019», explicou Embarek.

«E a conclusión foi que non atopamos probas de grandes abrochos que poidan estar relacionados con casos de covid-19 antes de decembro de 2019 en Wuhan ou en outro sitio», engadiu.

Porén, a viróloga holandesa Marion Koopmans explicou que iso non significa que non existisen, informou o xornalista da BBC.

Os primeiros casos na cidade non se deron só no mercado de Huanan, senon tamén «simultáneamente» noutros lugares non relacionados con aquel, de cuxo rastro non proporcionaron máis detalles.

Nese sentido, Liang Wannian, o xefe da equipa de expertos chineses que investigou o SARS-CoV-2, sinalou que o virus puido circular antes noutra parte.

«Nos dous meses previos a decembro non hai probas de que estivese na cidade», destacou Liang, apuntando a posibles fallos na detección do virus noutras rexións.

Os expertos da OMS consideraron por tanto que se debe ampliar o estudio e examinar mostras de sangue e reservorios de animais tanto en China como noutros países.

«O posible camiño desde calquera especie animal de orixe ata o mercado de Huanan puido ser longo e convulso, incluíndo movemento transfronteirizo», dixo Embarek.

O rastrexo da orixe do virus, concluíu, é un «traballo en curso».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES