sábado, marzo 2, 2024
InicioNewsO PaísO BNG urxe descontos nas peaxes da AP-9

O BNG urxe descontos nas peaxes da AP-9

O BNG esixe descontos inmediatos na autopista AP-9 ao Goberno de España. Foi o compromiso do PSOE no pacto de investidura. Urxe que se apliquen xa mentres se tramita a transferencia da autoestrada do Atlántico a Galicia.

É a autopista máis cara de España e o Goberno central comprometérase co BNG a aplicar descontos nela, como pacto de apoio á investudura de Pedro Sánchez pero, lonxe de baixar as tarifas, neste 2021 incrementáronse.

O BNG vén de iniciar unha campaña social co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE. Así mesmo, a organización nacionalista solicitou no Congreso que a Lei de transferencia de competencias da autoestrada se faga pola vía de urxencia.

Entre as medidas asinadas no acordo de investidura entre BNG e PSOE recollían a bonificación do cen por cen a todos os usuarios e usuarias recorrentes da AP9. “Aquelas que fagan, polo menos, dúas viaxes ao día todos os días da semana sexan particulares ou profesionais” explicou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. Amais, lembrou tamén o compromiso de eliminar, de maneira inmediata, a portaxe do tramo entre Vigo e Redondela, así como que os “Orzamentos do Estado asumirán o 1% de incremento anual previsto acumulativo durante vinte anos como consecuencia das obras realizadas en 2011 e 2013”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES