sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísMáis de 350 farmacias da provincia fan test de saliva

Máis de 350 farmacias da provincia fan test de saliva

Son máis de 350 as farmacias da provincia de Pontevedra as que recollen xa mostras de saliva para detectar positivos de COVID-19 asintomáticos. Poderanse sumar máis nos próximos días.

Despois do acordo a semana pasada entre o Colexio de Farmacéuticos e a Consellería de Sanidade, as boticas fan xa de maneira xeralizada estas probas, facilitan test de saliva de forma totalmente gratuíta. Os tubos recóllense e teñen un código de barras. A mostra debe tomarse na casa, antes de almorzar e entregarse antes das 10.30 horas. Os negativos notificaranse por SMS e os positivos a través dunha chamada para que esas persoas se sometan a continuación a unha proba PCR que confirme o positivo.

Para solicitar a proba hai que ter entre 40 e 64 anos, aínda que poderá ampliarse o rango de idade nun futuro.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES