lunes, octubre 7, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboMyanmar: protestas multitudinarias no medio dun bloqueo da internet

Myanmar: protestas multitudinarias no medio dun bloqueo da internet

Myanmar vive días convulsos. Os militares, que fracturaron a fráxil democracia birmana cun golpe de Estado, bloquearon internet no país mentres milleiros de persoas protestan nas rúas.

Segundo informa a BBC, á multitudinaria manifestación do sábado en Yangón, a antiga capital, seguiulle outra este domingo que non só é a máis grande ata a data contra o novo rexime militar, senon a maior en décadas.

«Non queremos unha ditadura militar. Queremos democracia «, coreou a multitude, ataviada con camisas vermellas e sostendo globos da mesma cor, que é a do partido da deposta Aung Suu Kyi.

Os automóbiles e autobuses reducían a velocidade para facer soar as súas bucinas en apoio, con moitos facendo o saúdo de tres dedos, un símbolo de desafío contra o autoritarismo na rexión.

Tamén se realizaron manifestacións en máis dunha ducia doutras cidades.

Os e as manifestantes, que son traballadores de fábricas e estudantes, pediron a liberación dos detidos polo exército, incluída a líder electa Aung San Suu Kyi.

«Estamos aquí para loitar pola nosa próxima xeración, para liberalos dunha dictadura militar», dixo unha manifestante á axencia AFP. «Temos que rematar con isto agora».

Ata agora Myanmar, tamén coñecido como Birmania, mantivérase maioritariamente en calma tralo golpe, malia que se produciron algunhas manifestacións en diferentes partes do país.

As autoridades militares están atrincheradas na capital, Naypyidaw, e polo de agora evitaron entablar contacto directo cos manifestantes.

Nyein Chan, corresponsal da BBC en Yangon, di que os birmanos coñecen moi ben a violencia da que son capaces os militares, pero agora que a xente tivo tempo de dixerir o que está a suceder están a atopar diferentes xeitos de facer ouvir a súa voz.

O país foi gobernado por un goberno militar opresivo desde 1962 ata 2011.

Pero segundo Chan, malia que a atmosfera estaba cargada, os manifestantes amosáronse desafiantes.

«Están enfadados pero tamén silenciosamente asustados. Saben que os militares son capaces de empregar a violencia para reprimir a disidencia, pero sinten que non teñen outra opción», explicou.

«Cando un grupo de manifestantes se atopou cunha ringleira de soldados, berráronlles: ‘Están adestrados para ser soldados profesionais, non maten a civís'», relatou.

Polo demais, o servizo de internet, que fora interrumpido, xa foi restablecido.

O apagón de internet fixo que a conectividade caera a un 16% dos niveles normais, dixo NetBlocks Internet Observatory, un organismo que monitorea as redes.

Pero o tráfico xa aumentara a un 50% ás 14:00 hora local (07:30 GMT) deste domingo, malia que o acceso ás redes sociais, incluídas Facebook e Twitter, permanecía bloqueado.

Moitos usuarios evadiron as restricións nas redes sociais mediante o uso de redes privadas virtuales (VPN), mais o apagón máis xeral interrompeu gravemente a súa actividade.

A ONG Amnistía Internacional calificou o peche de internet como «atroz e irresponsable».

Organizacións da sociedade civil instaron aos proveedores de internet  redes móbiles a desafiar a orde de apagón.

Mentras tanto, Suu Kyi está baixo arresto domiciliario, segundo o seu avogado. Documentos policiais amosan que está acusada de importar e empregar ilegalmente equipos de comunicacións (walkie-talkies) na súa casa da capital.

Ademais, Sean Turnell, un académico australiano exasesor económico de Suu Kyi, foi detido en Yangón.

Turnell dixo á BBC que o confinaron no seu hotel e que non sabe de que poden acusalo.

O golpe tivo lugar cando se inaugurou unha nova sesión do parlamento, trala aplastante victoria electoral de novembro do partido Liga Nacional para a Democracia (NLD) de Suu Kyi.

Moitos birmanos viron como se desenvolvían os eventos a través de Facebook, a principal fonte de información e noticias no país. Tres días despois, ordeouse o bloqueo da plataforma por «razones de estabilidade».

Unha voceira de Twitter dixo que a prohibición socava «a conversación pública e os dereitos das persoas a facer ouvir a súa voz». Facebook, propietaria de Instagram, pediu ás autoridades que «restablezan a conectividade».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS