viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui estrea parque infantil e biosaudable en Areas

Tui estrea parque infantil e biosaudable en Areas

A parroquia tudense de Areas estrea unha nova área de esparexemento que inclúe pista deportiva, parque infantil e parque biosaudable.

O Concello de Tui acometeu as obras con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o que permitiu acondicionar a pista deportiva existente, ampliar o parque infantil e crear unha nova área biosaudable. Todo isto supuxo un investimento de preto de 54.000 euros.
Tui aposta pola economía circular, por iso aproveitou algúns dos elementos existentes no parque infantil, e engadiu outros novos, como un columpio inclusivo, un xilófono ou dous paneis adaptados a nenos con deficiencia visual e auditiva. A colocación destes elementos levouse a cabo tendo en conta que os parques non só son lugares de lecer, senón tamén puntos de encontro e aprendizaxe. Tendo en conta ademais que o xogo é o medio máis efectivo para que os cativos e cativas desenvolvan as súas capacidades cognitivas, estes elementos permiten fortalecer a súa creatividade e imaxinación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES