martes, octubre 15, 2024
InicioNewsA RaiaTomiño terá o maior parque transfronteirizo de Europa

Tomiño terá o maior parque transfronteirizo de Europa

A Eurocidade Tomiño-Cerveira presenta o proxecto de «Parque da Amizade» ao delegado do Goberno en Galicia.

Tomiño e Vila Nova de Cerveira buscan apoios para que o proxecto de “Parque da Amizade”, a maior área recreativa transfronteiriza de Europa, sexa unha realidade. Por iso, o presidente da Câmara de Cerveira, Fernando Brito, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, apoiados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño e pola Deputación de Pontevedra, presentaron a iniciativa ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, quen se comprometeu a facer un seguimento da tramitación do proxecto ante os organismos estatais implicados co fin de axilizar a súa execución. Losada definiu este o “Parque da Amizade” como un “proxecto único para a provincia do que se vai a beneficiar toda Galicia”.
O “Parque da Amizade” unirá o parque Castelinho de Vila Nova e o Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño) a través dunha ponte peonil e ciclista. Ambas fronteiras entre España e Portugal estarán conectadas a través dunha área de lecer de máis de 25 hectáreas e unha red de sendas verdes trasnfronteirizas que multiplicarán o valor natural, turístico e social da Eurocidade Tomiño-Cerveira.
ponte peonil de alvaro siza tominho cerveiraA ponte peonil que achegará ambas fronteiras estará deseñado polo prestixioso arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira, vencedor do concurso de ideas convocado pola Deputación de Pontevedra para trazar a infraestrutura que unirá o primeiro europarque peninsular. O proxecto “Raia”, de Álvaro Siza, foi o que conseguiu a maior puntuación das 24 propostas que se presentaron ao certame. Ademais do seu atractivo turístico, a pasarela permitirá ao veciños de Tomiño e Cerveira acceder a pé a estación de tren de Vila Nova, facilitando a mobilidade entre ambos países.
“Estudiamos o proxecto, que xa foi adxudicado a uns grandes urbanistas. Agora toca facer un seguimento da súa tramitación ante as administracións, tanto de España como de Portugal, para axilizar a súa execución, e eu comprométome a facelo dende o territorio español”, manifestou o delegado do Goberno tras a reunión con Sandra González e Fernando Brito, aos que felicitou por esta iniciativa de “altísimo potencial”. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS