jueves, abril 25, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboReino Unido, primeiro país europeo en superar as 100.000 mortes por COVID

Reino Unido, primeiro país europeo en superar as 100.000 mortes por COVID

Máis de 100.000 persoas en Reino Unido morreron dun virus que, hai un ano, parecía non ser máis ca unha distante ameaza exterior. Como chegou este país a ter unha das peores taxas de mortalidade do mundo?

Non hai un xeito sinxelo de responder a esta pregunta e non cabe dúbida de que haberá unha extensa e detallada investigación oficial unha vez remate a pandemia. Pero hai bastantes claves que, ao se xuntar unha coa outra, arman unha imaxe de cómo Reino Unido acadou esta cifra devastadora.

Algúns culparán ao goberno de Londres: a súa decisión de entrar en estricta cuarentena despois de que o fixera a maioría de Europa Occidental, o titubeante inicio do sistema de probas e rastrexo de contactos, a falta de protección ofrecida ás residencias de anciáns… Outros resaltarán profundos problemas de raíz na sociedade británica, como o mal estado da saúde pública. E outros sinalarán que algunhas das fortalezas de Reino Unido -como a súa posición como un eixo vibrante de viaxes aéreos internacionais ou as súas densamente poboadas e étnicamente diversas poboacións urbanas -deixaron exposta a súa vulnerabilidade a un virus que se propaga fácilmente.

A ollos duns, a condición de illa de Reino Unido puido ter servido de axuda. Outras nacións-illa como Nova Zelandia, Australia e Taiwán lograron evitar que o virus se expandira mantendo a cifra de mortos ao mínimo. Australia, por exemplo, tivo menos mortes durante toda a pandemia que as que rexistra Reino Unido en promedio cada día.

Esos países aplicaron inmediatamente restriccións fronteirizas e confinamentos estritos para conter o virus antes de que puidiera propagarse. Non así Reino Unido. Non foi ata xuño que se introduciron reglas de cuarentena a todo o que chegara e aínda así pronto se abriron corredores de viaxes, relaxando as regras a viaxeiros que chegaban de certos países. Os corredores fecharon este mes. 

Nos primeiros días da pandemia, os ministros e os seus asesores clave foron acusados de promover unha estratexia de inmunidade de rebaño. Isto cambiou a finais de marzo, cando finalmente se impuxo un confinamento estrito. Pero houbo unha demora crucial dunha semana que se estima cobrou máis de 20.000 vidas, segundo o asesor do goberno, o profesor Neil Ferguson, debido á velocidade á que as taxas de infección se duplicaban nese momento.

Por suposto, esta análise pode facerse en retrospectiva. Os mesmos asesores del gobierno, segundo información da BBC, recoñecen que no inicio os datos eran «realmente bastante pobres» facendo difícil tomar decisións que puideran ter repercusións significativas. É un argumento que acepta o profesor Chris Whitty, o principal asesor médico de Reino Unido. Este verán dixo que había «información moi limitada» a principios de marzo. Para entón, o virus estaba arrasando nas residencias de anciáns. Arrededor do 30% das mortes na primera ola ocorreron nesas residencias; 40% se se inclúen aos residentes destes fogares que morreron en hospitais.

Para maio, comezaron a relaxar as restriccións. Pero, ¿sucedeu demasiado pronto? O goberno aproveitou o relativo respiro para concentrarse en establecer o que o primeiro ministro prometeu sería o «mellor» sistema de probas e rastrexo de contactos «do mundo». A idea era que os novos abrochos puideran cortarse de raíz mediante un rastrexo completo manexado por unha equipa centralizada de rastrexadores.

O simple feito de que iso se fixera uns meses despois de que o virus impactara, ilustra outro factor detrás do alto número de mortos: Reino Unido sinxelamente non estaba preparado para unha pandemia desta natureza, a diferencia dalgunhas nacións asiáticas que sí o estaban. Países como Corea do Sur e Taiwán xa estableceran sistemas de probas e rastrexo que estaban listos para ser activados.

Reino Unido tivo a oportunidade de activar o seu sistema no verán pero a operación estivo plagada de problemas iniciais, con rastrexadores tendo dificultades para entrar en contacto con moitas persoas e a diminución na capacidad para facer as probas fronte ao incremento da demanda. Os baixos niveis de infección durante o verán crearan unha falsa sensación de seguridade.

Desesperado por impulsar a economía, o goberno lanzou unha estratexia para fomentar as comidas en restaurantes (Eat Out to Help Out: come fóra para axudar), ofrecendo aos comensales descontos durante agosto. Ata que punto este programa contribuiu ao aumento de infeccións no outono é obxecto de moita discusión, pero moitos médicos sinálano como responsable en parte do incremento de pacientes que deberon atender.

A verdade é que o virus nunca desapareceu. As probas realizadas en verán demostraban que todavía se estaban a diagnosticar uns 500 casos diarios e as probas aleatorias entre a poboación indicaron que a cifra de casos podía ser o dobre de elevada. A finais de agosto, unhas 1.000 persoas ao día daban positivo nas probas. Para mediados de setembro, esa cifra triplicárase e a partir de aí quintuplicouse, ata os 15.000 rexistrados a mediados de outubro. As cifras de positivos nunca volveron estar por debaixo dun promedio diario de 10.000 dende entón.

Outra decisión que foi fortemente criticada foi o rexeitamento dalgúns ministros a impór un confinamento curto de dúas semanas, ou «interruptor», en setembro, a pesares das recomendacións dos seus asesores. Gales, porén, introduciu o seu propio «apaga incendios», un confinamento de 17 días en outubro. Logrou baixar as taxas de infección, pero en canto se levantaron as restricións, subiron de novo. Por iso é que se critican os confinamentos.

O experto en doenzas infecciosas da Universidade de Edimburgo, Mark Woolhouse cuestionou abertamente a lóxica dos confinamentos precisamente por esa mesma razón. Todavía está por discutirse como de efectiva tería sido a aplicación dun «interruptor».

Despois de todo, esa é a época do año na que as doenzas respiratorias comezan a aumentar en Reino Unido. As escolas abriron, igual que as universidades, creando novos entornos para a propagación do coronavirus. Cando finalmente se implementou un confinamento en Inglaterra en novembro, foi dunha duración de catro semanas, cos expertos lamentando a demora.  «A ausencia dunha decisión é en sí unha decisión», di Sir Jeremy Farrar, director do Welcome Trust, un importante centro de investigación de Londres.

Pero mesmo antes de que o confinamiento se levantara, os casos ían en aumento no sureste de Inglaterra. En cuestión de semanas quedou claro o que estaba a suceder. O virus mutara e unha nova e máis contaxiosa cepa emerxía. Para mediados de decembro, volveu o clamor para outro confinamento, mais os plans para relaxar as restricións durante a tempada navideña xa se anunciaran. En cada nación do Reino Unido, os ministros agardaron.

Ao inicio de 2021, coa ocupación dos hospitais aumentando rápidamente, as catro principais autoridades médicas de Reino Unido interviñeron, emitindo unha declaración conxunta advertindo que o NHS (o sistema de saúde público) corría o «risco material» de quedar abrumado. En só unhas horas, Reino Unido regresou ao confinamento.

Pero tamén hai que recoñecer que hai factores que están fora do control do goberno. Unha das razóns polas que o virus puido propagarse tan rápido foi a xeografía e o feito de que Reino Unido -en particular Londres- é un eixo de actividade mundial. Análises xenéticas demostraron que para finais de marzo o virus introducírase no Reino Unido en alomenos 1.300 ocasións diferentes, principalmente desde Francia, España e Italia. Chegou antes de que se decataran. Iso non é algo co que tiveran que lidiar Australia ou Nova Zelandia a esa escala.

A densidade de poboación tamén é un factor. Reino Unido atópase entre as grandes nacións máis densamente poboadas do mundo. É máis, as cidades británicas están máis interconectadas que noutros lugares. Iso quere dicir que o virus puido implantarse por todas partes moi rápidamente. En contraste, Italia viu a maioría dos seus casos concentrados no norte do país durante a primera ola.

Unha crecente poboación anciá tamén debe terse en conta. As condicións como a diabetes e as doenzas renais ou respiratorias tamén aumentan o risco: unha quinta parte dos certificados de defunción por covid-19 inclúen a diabetes. Mais algúns argumentan que estes altos niveis de certas doenzas están agravados polos altos niveis de desigualdade en Reino Unido.

Os índices de mala saúde e expectativa de vida sempre foron peores nas áreas máis pobres, mais a pandemia parece ter exacerbado máis esta diferencia.

Datos da Oficina Nacional de Estadística de Reino Unido amosan que as taxas de mortalidade son o dobre de altas en áreas desfavorecidas comparadas con áreas ricas. A Fundación da Saúde leva a cabo a súa propia investigación do tema, argumentando que a taxa de mortalidade por covid-19 debe verse a través do «lente» da desigualdade para entendela completamente.

É algo que tamén aborda o profesor Michael Marmot, un dos principais expertos do país en temas de desigualdade na saúde. «O deprimente récord de Reino Unido estanos a dicir algo importante respecto á nosa sociedade».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES