sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo pídelle a Sánchez novas medidas contra a pandemia

Feijóo pídelle a Sánchez novas medidas contra a pandemia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pídelle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no seu encontro na Moncloa que se retomen as conferencias de presidentes, que se celebraron cada semana de forma telemática durante a primeira vaga da pandemia para analizar entre o Executivo central e as autonomías a situación de forma conxunta. Tamén lle propón facer obrigatorio o uso das máscaras FFP2 nalgúns ámbitos, consensuar o teletraballo e un reparto de vacinas da COVID-19 tendo en conta a idade da poboación de cada comunidade.

Feijóo defende ante Sánchez un consenso nacional sobre o teletraballo e a existencia dunhas directrices claras para obrigar ao uso de máscaras FFP2 en determinados sitios, como o transporte público.

O presidente galego solicita así mesmo un calendario claro de vacinación, que se distribúan as vacinas en función da porcentaxe de poboación de que se trate, que os fondos europeos se repartan de maneira transparente e que se fixe un marco normativo adecuado para xestionar a pandemia e non seguir recorrendo a denominacións excepcionais como estado de alarma ou o toque de queda.

Á marxe da pandemia, Feijóo trasládalle a Sánchez a situación do sector industrial galego, a finalización das obras do AVE e doutras infraestruturas en Galicia, a implicación do Goberno español no Xacobeo ou a rebaixa das peaxes da AP-9 e o traspaso da súa xestión.

Sánchez escoitará na reunión todas as demandas que poida facerlle o presidente da Xunta e trasladaralle a súa plena disposición a seguir colaborando en todos os ámbitos e a continuar avanzando na cogobernanza.

A última reunión en Moncloa entre ambos se celebrou en xullo de 2018 dentro da rolda que, tras triunfar a moción de censura contra Mariano Rajoy, Sánchez mantivo cos presidentes autonómicos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS