domingo, abril 14, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboO cambio climático e a desigualdade, no centro da axenda de Biden

O cambio climático e a desigualdade, no centro da axenda de Biden

Segundo informou hoxe o xornal The New York Times, o presidente Biden falará nunhas horas sobre o clima, a creación de emprego e a integridade científica. Entre as súas propostas atópase unha pausa nos usufrutos de combustibles fósiles.

O presidente Biden firmará este mércores un paquete de medidas executivas que situará o cambio climático en cada estamento do goberno federal, unha decisión que, segundo a Administración, situará aos Estados Unidos no camiño adecuado para reducir as súas emisións de CO2.

Como inicio da realización dunha das máis relevantes promesas electorais do Presidente Biden, ordearase a «pausa de novos usufrutos de petróleo e gas natural nas terras e augas públicas, na medida do posible», mentres que se comezará unha «rigorosa revisión» de tódolos usufrutos existentes, dacordo aos parámetros enviados pola Casa Branca.

Os líderes das industrias petroleiras avanzan que moitos dos plans do Presidente Biden enfrontaranse aunha férrea oposición, mentres que os grupos ambientalistas afirman que estes avances chegan cun longo retraso, particularmente tras catro anos nos que Trump ridiculizou a ciencia climática e eliminou virtualmente tódalas ferramentas do goberno para controlar as emisións de gases de efecto invernadoiro.

O Presidente Biden propón a regularización de 11.000.000 de persoas en situación irregular.

No relativo ás medidas en materia de inmigración, o Presidente Biden anunciou un plan para proporcionar un estatus legal temporal a aqueles inmigrantes que, estando no país con anterioridade ao 1 de xaneiro do 2021, superen unha verificación de antecedentes e accedan a pagar impostos. Agárdase que esta regularización teña un alcance de once millóns de persoas. Con este permiso temporal, os inmigrantes poderán traballar, unirse ao exército e viaxar sen medo á deportación. Tras cinco anos, poderán solicitar a súa green card.

Esta proposta presidencial é a máis ambiciosa con respecto á inmigración desde 1986, cando Ronald Reagan legalizou a case tres millóns de persoas. E neste caso tratándose dunha regularización moito máis masiva, podería abrir as portas a un dos xiros demográficos máis relevantes na historia moderna dos Estados Unidos, sacando da sombra a millóns de persoas e dándolles a posibilidade de traballos mellor pagados e prestacións sociais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES