martes, abril 16, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaGalicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden liderar a estratexia para...

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden liderar a estratexia para a conservación do lobo

Defenden que os gobernos autonómicos dispoñen de maior información e dos coñecementos necesarios para controlar de xeito sostible a especie e garantir o equilibrio necesario na súa convivencia co sector gandeiro e a actividade humana.

Así, llo trasladaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e o resto dos seus homólogos nas outras tres rexións ao norte do río Douro á ministra de Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, Teresa Ribeira, durante a reunión que celebraron por videoconferencia para analizar a situación do lobo ibérico en España.

Ángeles Vázquez:

 

As catro comunidades ao norte do río Douro solicitan ao Ministerio de Transición Ecolóxica que reconsidere a súa postura e que teña en conta o criterio técnico das comunidades autónomas nas que habita esta especie, por acumular un maior coñecemento e experiencia na xestión.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que o rexeitamento á iniciativa do Goberno conta cun amplo respaldo, non só da comunidade económica, social e científica, senón tamén das rexións próximas, pois temen que unha aumento da protección do lobo provoque un crecemento desmedido da poboación e a súa expansión a outros territorios do país.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES