martes, abril 16, 2024
InicioActualidadePenínsula e mundoAlertan dunha peor supervivencia de nenos con cancro por mor da Covid

Alertan dunha peor supervivencia de nenos con cancro por mor da Covid

Así o sosteñen dende a Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, na xornada na que se conmemora o Día Internacional de Cancro Infantil

Indican que o impacto da pandemia da Covid-19 no sistema de saúde está a provocar a reasignación de recursos sanitarios e que as prioridades estean a cambiar, alterando a atención e diagnóstico dos pacientes oncolóxicos, tamén os infantís.
«Durante a pandemia, as probas e tratamentos dun 30 por cento de menores con cancro víronse afectadas en forma de retrasos ou cambios segundo os datos obtidos no Estudo do Impacto da Covid-19 nas familias con menores con cancro”, sinalou o presidente da Federación, Juan Antonio Roca.
«Este estudo xurde da necesidade de coñecer que ocorreu cando comezou ol confinamento», detallou Ainhoa Fernández, coordinadora da Asociación de Pais de Nenos con Cancro de Vizcaya (ASPANOVAS), quen incidiu en que «a atención temperá e multidisciplinar é fundamental para a supervivencia dos seus fillos».
Segundo a experta, “o medo ao contaxio fixo que as familias se autoimpuxesen un confinamento para non poñer en risco os seus fillos». Ademais, contou como “as familias viron afectada a súa prestación de coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade pola chegada dos ERTE, xa que non son compatibles ambas prestacións».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES