viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísVigo e Ourense superan os 1.000 casos de COVID-19 cada unha

Vigo e Ourense superan os 1.000 casos de COVID-19 cada unha

Galicia roza xa os 4.000 casos de coronavirus, en gran parte, polo elevado número de contaxios que sofre a área sanitaria de Vigo e a de Ourense, ambas por riba dos 1.000 casos. As hospitalizacións elévanse tamén a 107 casos.

 Os casos activos aumentan en Galicia e rozan os 4.000. Son en concreto 3.970 persoas con coronavirus en Galicia.

Unha xornada máis son case 500 os novos casos diarios detectados mediante probas diagnósticas, 498 exactamente.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 1.067 (+149)

Ourense: 1.008 (+72)

A Coruña: 587 (+54)

Lugo: 406 (+37)

Santiago: 357 (+29)

Pontevedra: 342 (+44)

Ferrol: 203 (+12)

Nos hospitais de Galicia hai 107 persoas ingresadas con coronavirus: 13 en  UCI (+1) e en planta 94  (+1).

Ademais, na última xornada sumouse un novo deceso por coronavirus elevando a 2.665 o total de falecementos desde o inicio da pandemia en Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES