jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO País8M: Seis mulleres, seis poderes

8M: Seis mulleres, seis poderes

A pandemia da COVID-19 está a facer aínda máis precarios os traballos invisibles que seguen recaendo nas mulleres e que a sociedade actual segue a invisibilizar. Por iso, desde Si Radio de Galicia quixemos contar a historia de seis mulleres que realizan ou realizaron traballos historicamente exercidos por homes.

Con esta reportaxe de 12 minutos queremos resaltar o feminismo como reivindicación de igualdade. Se elas poden facer traballos tradicionalmente vinculados aos homes, tamén eles poden facer tarefas aínda hoxe adxudicadas ás mulleres e silenciadas por unha sociedade repleta de machismos herdados.

Esta reportaxe é a primeira dunha serie de documentos xornalísticos que SI RADIO vai  realizar o longo de este mes para conmemorar o DÍA INTENACIONAL DA MULLER e que iremos dando a coñecer.

Para pórse en contacto coa nosa redacción poden usar o teléfono 886251011.

 

muller conductora camion bomberosMERCEDES GROBA  Aos seus 48 anos é condutora dun camión de bombeiros de incendios forestais da Xunta. Primeiro conduciu un camión de gran tonelaxe nunha canteira e tamén foi condutora de autobús pero a súa auténtica vocación, desde cativa, sempre foi a súa profesión actual.

«Un 1% de pequeno machismo sempre queda, hai que recoñecelo, eu admiro as mulleres que fan o mesmo traballo ca min, porque sei o que custa». «Nosoutras temos que demostrar cada día, se fixan máis en nós»

 

CRISTINACORREAOIA


NIEVES CASTRO  Veciña de Salceda de Caselas, aos seus 66 anos, está recen xubilada. Foi unha condutora de autobús, pioneira en Galicia, aínda que non por vocación senón porque lle xurdiu a oportunidade e aproveitouna. Recoñece que conviviu con xestos e expresións machistas pero no seu día a día optaba por ignoralos.

«Algúns pasaxeiros tómano como unha sorpresa outros como unha anécdota, uns confían e outros non» «Sempre te fas un pouco máis forte… tratarte mal, non, esquivas un pouco, iso como en todas partes».

DIGA RIVAS3


EVA CARRERA Veciña de Salvaterra de Miño, aos seus 38 anos, traballa nun taller de coches en As Neves. No mundo da automoción comezou sendo administrativa pero non se conformou e quixo formarse para dominar o sector.

 

«Hai o típico que che pide un recambio e o atendo eu, sorpréndese, pero logo ao ver que o atendes ben, xa está» «Eu creo que tamén non hai máis mulleres que estudan mecánica porque pensan que logo non as van contratar habendo homes para o posto».

 

eva


NIEVES CASTRO Ciclista ponteareá de 50 anos que segue competindo. Comezou coa bicicleta despois dos 30 e sobre os 35 estaba competindo. Cun título de campiona de España ou un bronce nun mundial de Ciclocross, asegura que nunca se sentiu cuestionada por dedicarlle tempo á bicicleta sendo nai de dous fillos pero si pide máis apoio económico para mulleres que queiran competir.

«Non hai quen dea nada para as mulleres, cando somos as mulleres quen damos títulos por aí tamén, bastantes títulos»

LETICIA SANTOS


TATIANA GONZÁLEZ  Toda a súa experiencia laboral estivo vinculada sempre ao sector da automoción pero nunha das súas últimas entrevistas de traballo decatouse de que se tivera a titulación de soldadura tería máis saídas laborais. Por iso, esta veciña de Salceda de Caselas, de 35 anos, decidiu estudar soldadura na Axencia de Colocación de Mos.

«Por ser muller nunca me sentín discriminada, pero por ser unha  persoa xorda, si» «Recoméndolle a máis mulleres que proben a estudar soldadura porque é unha profesión bonita e a min non me parece difícil»

LOLI


MARÍA PLACER BOENTE É a presidenta do Club Deportivo Cultural Areas. Leva tres temporadas no cargo tras ser directiva do club durante varios anos. Ten 53 anos e sempre lle gustou o fútbol. Na súa familia apoian a súa decisión pero recoñece que na sociedade local aínda choca que sexa unha muller a que presida un equipo de fútbol.

«Animoume o presidente anterior, gustábame, para min era un reto e estou contenta» «Se che gusta o fútbol, como me gusta a min, pode estar vinculada ao fútbol calquera, sexan homes ou mulleres, por suposto»



 


 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES