Rueda e os colexios médicos reuniranse este martes para debater como mellorar a deficiente situación da sanidade en Galicia, saturada e sen profesionais.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reunirase este martes cos colexios de médicos de Galicia.

Debaterán como aliviar a saturación nos centros de saúde, en tensión polo incremento dos virus no outono.

Pola súa parte, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aseguraba que confiaba en que consigan chegar a un “acordo”.

Cómpre lembrar que a pasada semana o Colexio de Médicos de Pontevedra emitiu un comunicado en que rompía relacións coa Consellería de Sanidade ata que houbese un cambio de responsables na súa cúpula pola actual deterioración asistencial.

O vicepresidente segundo remarcou que tanto a Xunta como os colexios médicos traballan por ter “unha sanidade óptima”, polo que espera que no encontro se poñan encima da mesa “solucións” nun momento complicado pola escaseza de médicos e o aumento de virus.

¿E ti, es de Tweet?