sábado, abril 20, 2024
InicioO PaísOurenseMorre un alumno de 13 anos ao caerlle unha parede en...

Morre un alumno de 13 anos ao caerlle unha parede en Ourense

Un estudante de 13 anos faleceu e outro resultou ferido leve tras caerlles enriba unha parede dos vestiarios no instituto Número 6 de Ourense.

Foi unha persoa a que alertou o 112 pasadas as 14.00 horas e solicitaban os servizos de emerxencia porque podería haber persoas atrapadas.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Ourense e a Policía Local.

Os axentes cortaron o acceso á rúa Camiño Antigo Cudeiro, que da acceso ao centro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES