jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísOs concertos ao aire libre poden ser de pé con ata 5.000...

Os concertos ao aire libre poden ser de pé con ata 5.000 persoas

Galicia permite a partir de este sábado celebrar concertos de pé con un máximo de 5.000 asistentes, separados en grupos de 500 persoas. Anunciouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen cifrou nun 75% o aforo máximo que terán agora os eventos culturais.

 O conselleiro de Sanidade:

Haberá ata 5.000 persoas en concertos ao aire libre, distribuídas en parcelas de 500 persoas. Ademais nos  eventos culturais vaise permitir ocupacións de ata o 75 por cento. 

Nos eventos deportivo o aforo non cambia pero si os grupos de persoas que poden practicar deporte xuntas; pasarán a ser de grupos de 6 a grupos de 10. 

«En nivel alto, medio e medio-baixo pasamos ao 75% sen límite de persoas. Nos concertos ao aire libre de pé poñemos un máximo de 5.000 persoas en parcelas de 500 persoas e sen superar o 30% de ocupación desas parcelas», explicou o consello de Sanidade Julio García Comesaña.

A evolución epidemiolóxica mellora no conxunto de Galicia agás en dous concellos por brotes en centros educativos, onde lembremos os estudantes menores de 12 anos non están vacinados:

«A Xunta de Galicia decidiu subir ao nivel medio de restricións os concellos de Foz e O Barco de Valdeorras, cunha incidencia maior debido aos gromos nos seus centros educativos. Quero lembrar que os menores de 12 anos están aínda sen vacinar e agora mesmo son o grupo de idade que sofre incidencias maiores en Galicia e no resto de España», explicou Comesaña.

No comité clínico avalían o posible uso do certificado covid en ocio nocturno, acceso a hospitais ou residencias de maiores, unha vez que o Supremo avalou o seu uso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES