viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísO sector bateeiro recibe axudas para unha acuicultura sostible

O sector bateeiro recibe axudas para unha acuicultura sostible

O sector bateeiro beneficiarase este ano de máis do 80 % das axudas concedidas pola Xunta de Galicia para impulsar a acuicultura sustentable, polo que recibirá máis de 4,5 millóns de euros, segundo reivindicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Nunha visita a unha batea da ría de Vigo, a titular de Mar do Goberno galego puxo en valor os investimentos da Xunta no sector para fomentar unha actividade sustentable. Así, explicou que a convocatoria destas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), subvencionará un total de 118 proxectos con 6 millóns de euros. Deles, 96 están relacionados con empresas dedicadas á produción do mexillón en bateas.

En total, a Xunta destinará 6 millóns de euros, que suporán un investimento total de 11,5 millóns após as achegas das empresas. «Este peso do sector bateeiro tamén se traslada á produción, xa que o mexillón é o máximo representante da acuicultura na Comunidade galega, ámbito no que supón máis do 95 % do volume de produción total», engadiu Quintana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES