viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísO sábado 26 de xuño poderemos quitar a máscara ao aire libre

O sábado 26 de xuño poderemos quitar a máscara ao aire libre

O próximo sábado, 26 de xuño, deixará de ser obrigatorio levar posta a máscara cando esteamos ao aire libre. Anunciouno o presidente do Goberno, Pedro Sánches, este venres nun acto en Barcelona.

Será posible cando se garde o metro e medio de distancia entre persoas non conviventes.

Gran parte das autonomías, entre elas Galicia, levaban reclamando esta medida desde hai semanas.

Outros países como Francia, Reino Unido, Polonia ou Estados Unidos xa deron este paso de retirala no exterior.

Distintos representantes do Ministerio de Sanidade levaban tempo anunciando que a medida sería «pronto» e foi, por sorpresa este venres, cando o anuncio Sánchez durante su participación na clausura da XXXVI reunión do Círculo de Economía.

O ritmo de vacinación e a baixada dos contaxios fai posible implantar a medida en España.

Preto do 50% dos españois recibiron polo menos unha dose da vacina contra a COVID-19

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES