viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísO AVE chegará a Galicia a partir do 21 de decembro

O AVE chegará a Galicia a partir do 21 de decembro

Mercar billetes de tren de Ourense a Madrid non é posible na páxina de Renfe do 21 de decembro en diante. A venda está bloqueada porque Renfe prevé cambios para esas datas. Todo apunta a que será o cambio de trens, dos Alvia actuais aos de alta velocidade.

 O Goberno central anunciou a entrada en funcionamento do AVE de Ourense a Madrid en decembro, pero sen concretar datas.

A web de Renfe é a que nos da a pista. Sempre que vai haber cambios en frecuencias, horarios ou trens, a compañía bloque a venda de billetes, e así acontece se queremos mercar un billete de Ourense a Madrid do 21 de decembro en diante.

De non entrar en vigor o AVE nesa data, farao a seguinte semana, porque sería xa a última de decembro. Pero para que o Goberno non mentira antes de que comece o 2022 entrará en funcionamento este  último tramo que queda entre Pedralba de la Pradería, en Zamora, e Ourense.

Unha vez que chegue o AVE a Galicia, aumentarase a frecuencia de trens diarios, de seis a nove e dobrarase o número de prazas, ata as case 3.000.

O que máis ganas xenera aos viaxeiros é que o tempo da viaxe merca moi considerablemente: serán dúas horas e cuarto no tren.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES