A Xunta segue adiante coas probas piloto previstas para este sábado, 12 de xuño, en discotecas e pubs galegos, pero se o Ministerio non modifica antes o protocolo estatal de desescalada aprobado para a hostalería e o ocio nocturno, os asistentes terán que estar sentados.

Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster de Turismo de Galicia:

Alfonso Rueda, Vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia:

Despois de que a Audiencia Nacional admitira a trámite a denuncia por invasión de competencias presentada por Madrid e suspendera temporalmente as medidas nesta comunidade, o Ministerio de Sanidade decidiu escoitar ás autonomías que se opoñen ás restricións aprobadas, a nivel estatal, para a hostalería este verán, e modificar o protocolo.

O departamento que dirixe Carolina Darias enviou un borrador que modifica a declaración de actuacións coordinadas aprobada a semana pasada no Consello Interterritorial de Saúde e publicada desde o sábado no BOE.O Ministerio de Sanidade propón agora eliminar as restricións á hostalería e permitir a apertura do lecer nocturno tamén en zonas nun nivel medio de risco e non só baixo. As medidas, en todo caso, serán obxecto de revisión e flexibilización segundo evolucione a pandemia.

Galicia advertiu onte que presentaría un recurso ante o Tribunal Constitucional por "invasión de competencias" se o Goberno non modificaba a normativa sobre horarios en hostalería, lecer nocturno e límite de reunións da pasada semana; mentres que a Audiencia Nacional deixou sen efecto de modo cautelar estas medidas en Madrid tras un recurso da Comunidade de Madrid.

O protocolo para a proba piloto nas discotecas de Galicia contempla que para entrar será necesario facelo con invitación previa e cunha PCR negativa, e o uso da máscara será obrigatorio. Tamén fixaba poder bailar na pista de baile gardando a distancia de seguridade pero, de non cambiar Sanidade o seu protocolo de desescalada actual para a hostalería, os asistentes a esa proba pilolo terán que estar sentados.

Nas probas, en catro pubs e dúas discotecas, garantirase a correcta ventilación empregando aparellos medidores de CO2.

Os establecementos participantes deberán pechar as portas á unha da mañá, límite horario actual para os restaurantes. Desde a Xunta, consideran que a pilotaxe permitirá obter datos en varios establecementos e o seu estudo facilitará mellorar as medidas para a reactivación do lecer nocturno cando se dean as circunstancias.

 

¿E ti, es de Tweet?