Os contaxios de COVID-19 aumentaron de novo na fin de semana. Agás en Santiago e na Coruña, medraron en todas as áreas sanitarias. Os ingresos nos hospitais tamén aumentaron a fin de semana aínda que a situación é estable con 33 hospitalizados por coronavirus.

 Son 745 as persoas diagnosticadas de coronavirus en Galicia actualmente, 26 máis que un día antes. Na última xornada foron 54 os novos diagnosticados, con todo, 19 menos que o sábado.

A área sanitaria con máis casos volve ser a da Coruña, que se aproxima aos 200 casos, tamén leva subindo notablemente a área de Ferrol, que xa acumula 74 positivos:

A Coruña: 195 (-1)

Ourense: 184 (+1)

Vigo: 101 (+10)

Ferrol: 74 (+8)

Pontevedra: 69 (+6)

Santiago: 66 (-1)

Lugo: 56 (+3)

Nos hospitais galegos son 39 persoas as ingresadas con COVID-19. Hai unha persoa máis en UCI (9) e unha menos en planta (30).

Non houbo decesos na última xornada notificados polo Sergas. As mortes pola pandemia en Galicia seguen sendo 2.653.