A boa evolución da pandemia en Galicia déixase notar na melloría dos concellos. Desde o sábado 12 de xuño ningún estará en nivel máximo de restricións nin en nivel alto tampouco. En nivel medio quedarán só 5: Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

A análise do comité clínico deste martes, concello a concello, determinou que todos os concellos galegos pasen a fin de semana (o sábado desde as 00.00 horas) a nivel medio baixo, agás cinco que estarán en nivel medio-baixo.

Lembremos que os concellos que queden en nivel medio-baixo poderán abrir a hostalería en interior ao 30% e as terrazas ao 50%. O resto de Galicia poderá abrir as terrazas ao 75% e no interior, ao 50% de ocupación.

En nivel alto está agora Mos que pasará a nivel medio o sábado e A Pobra do Caramiñal que está en nivel alto e pasará o sábado directamente a nivel baixo.

O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar novamente a situación epidemiolóxica.

¿E ti, es de Tweet?