Máis de 3.000 galegos e galegas teñen COVID-19 no inicio da primeira semana de maio, 3.030 concretamente. Nos hospitais hai 214 persoas ingresadas con coronavirus e medio cento delas requiren unha cama en UCI.

Galicia baixa os seus casos activos ao descenderen os positivos en todas as áreas, agás na de Pontevedra que se manten estable. Foi a da última xornada a baixada máis importante nun día no último mes. Son 76 infectados menos ca onte.

A área de Vigo segue a ser a de máis casos activos de COVID-19, aínda que baixou con respecto a xornadas anteriores:

Vigo: 906 (-39)

A Coruña: 695 (-15)

Pontevedra: 491 (=)

Santiago: 363 (-1)

Ourense: 266 (-3)

Lugo: 214 (-14)

Ferrol: 95 (-4)

Nos hospitais a situación está a ser estable con 241 hospitalizados: 164 en planta (+1) e 50 nas UCI (-1).

 

A cifra global de vítimas mortais da pandemia é de 2.390 persoas, o Sergas non notificou novas mortes por COVID-19 na fin de semana.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral