sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO País-EN DIRECTO- Acto de patrocinios, Xacobeo 21-22

-EN DIRECTO- Acto de patrocinios, Xacobeo 21-22

O titular do Goberno galego participou esta mañá na presentación de patrocinadores do Xacobeo 2021-2022

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu hoxe o compromiso das preto de 30 empresas que, ata o momento, patrocinan o Xacobeo 21-22; e instou ao Goberno central a ampliar ata 2023 os incentivos fiscais do mecedano, ademais da concreción dos investimentos para esta celebración.

“Grazas por materializar o voso apoio inequívoco a un evento fundamental para Galicia, para España, para a nosa cultura occidental e para todo o mundo”, dixo, referíndose a todas estas empresas -de diferente tipo, tamaño e condición- que xa forman parte dos patrocinadores dun “proxecto colectivo que é o Xacobeo”, a través dunha inxección de máis de 20 millóns de euros.

Durante o acto de presentación, o responsable do Executivo galego incidiu na oportunidade que supón este evento como panca de reactivación económica e social. “Estamos a falar dun evento de país, que require de todos e que ten unha marca: a marca Galicia”, abundou, garantindo o compromiso da Xunta para seguir traballando na celebración dun evento único; “único polas circunstancias e único pola posibilidade de crear novas experiencias”.

Nesta liña, resaltou á rehabilitación da Catedral de Santiago, unha das maiores actuacións nun patrimonio mundial nos últimos anos; e á reformulación do plan estratéxico do Xacobeo, baseado en dúas vertentes: unha dirixida a adaptar o evento ás necesidades da pandemia; e outra dirixida á segunda parte do Ano Santo que empezará no último trimestre do 2021 e que comprenderá todo o ano 2022.

Así mesmo, recordou que só para este ano a Xunta investirá 85,5 millóns destinados a programar actividades con seguridade e á promoción; así como a preparar as infraestruturas e as paisaxes do Camiño.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES