Un home de 77 anos apareceu morto na súa casa de Curtis sen sinais de violencia aparentes. O estado do seu cadáver indica que levaba meses morto.

A voz de alarma deuna o caseiro da súa casa ao levar meses sen pagarlle o alugueiro. O seu coche tamén levaba moito tempo estacionado no mesmo lugar. A morte non parece violenta pero estase a investigar.

Un veciño de Teixeiro, un exmilitar nativo de León, que xa levaba nesa parroquia de Curtis polo menos 15 anos, segundo a veciñanza.

Os bombeiros de Betanzos tiveron que forzar a porta para poder entrar na casa pechada con chave.