jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasO CondadoO Parlamento instará á Xunta a incoporar máis persoal no Centro de...

O Parlamento instará á Xunta a incoporar máis persoal no Centro de Saúde de Ponteareas

PP, BNG e PSdeG votaron a favor da iniciativa socialista na Comisión de Sanidade.

O Parlamento aprobou a iniciativa socialista para instar á Xunta de Galicia a incorporar máis persoal no Centro de Saúde de Ponteareas e tomar medidas contra as listas de agarda. Ocorreu na Comisión de Sanidade do Parlamento, onde os tres grupos parlamentarios (PP, BNG e PSdeG) votaron a favor dunha proposición non de lei do Grupo Socialista neste sentido.

“Os veciños e veciñas do Condado non son alleos aos recortes na sanidade pública e levan anos reclamando unha mellora na atención sanitaria”, reivindicou a deputada pontevedresa Paloma Castro ao alertar de que, nesta comarca na que residen, aproximadamente, 42.000 habitantes, faltan médicos xerais, pediatras, persoal de enfermería e matronas, xa que “non se contratan novos profesionais e tampouco se cobren as baixas”.

Isto provoca, lamentou, “situacións terribles” como o acontecido hai unhas semanas cando “por un imprevisto, un médico do centro de saúde non puido ir ao seu traballo e atopáronse coa sala de agarda “chea de xente”, ante o cal “tivo que acudir unha profesional doutra área sanitaria a atender a estes pacientes”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES