Comer lamprea, un pracer coartado pola COVID-19

O servizo de entrega a domicilio é unha das poucas alternativas que teñen os amantes da lamprea para poder comela cociñada, agora en tempada, polos restaurantes especializados nela.Acceder aos municipios nos que se atopan estes hostaleiros expertos na súa elaboración require causa xustificada debido as restricións impostas para conter a pandemia da  COVID-19. Por iso, gozar do seu sabor exclusivo resulta máis complexo.

A única opción agora é encargala aos restaurantes que contan con servizo de reparto  e recibila na casa. Dependendo dos quilómetros, chegará antes ou despois. Desde a bisbarra poden saír lampreas para distintos puntos da xeografía galega, española e incluso para o estranxeiro.
O restaurante Os Pirús, en Arbo, é un dos que ofrece este servizo, xa desde fai anos, e para iso conta con mensaxería especializada. O seu xerente é José Luis Pereira: “Facemos entrega a domicilio e recollida no propio local. Contamos cun servizo de mensaxería, de frío, con todas as garantías hixiénicas e sanitarias. Servimos para Madrid, para País Vasco... para onde nos pidan” explica.
Tamén en Arbo, o restaurante A Rula, que rexenta Clara Rivero, elabora a lamprea ao estilo arbense por encargo. “Encárganma e eu fágoa. Leva sobre unha horiña cociñala, e seguidamente lla levo ao domicilio” explica a cociñeira.
No veciño municipio das Neves, o restaurante Casa Calviño é outro especialista en lamprea na comarca do Condado e tamén prepara lamprea por encargo. “Son opcións que ofrecemos tendo en conta a situación na que nos atopamos e para tratar de salvar algo da tempada” explica o seu propietario.
O restaurante Area Grande, é un dos guardeses que tamén elabora lamprea. O seu dono, Manuel Franco, explica que os meses de máis demanda aínda non chegaron. No Baixo Miño é marzo, segundo el, un dos meses de máis demanda, especialmente a semana do Día do Pai. “En xaneiro a lamprea soe ser máis cara e saímos aínda do Nadal por iso o forte aínda estaría por chegar nun ano normal” apunta o hostaleiro da Guarda.
Este ano, debido as restricións na hostalería, o prezo da lamprea caeu no arranque da tempada na parte baixa do río Miño ao non ter tanta demanda no mercado. Nas primeiras semanas do ano, a unidade acostuma a roldar os 40 euros pero neste xaneiro oscilou entre os 10 e os 20 euros na lonxa da Guarda. O ano pasado, antes da pandemia, as primeiras lampreas vendéranse a 45 euros.

Baixa a demanda e o prezo

A tempada de pesca de lamprea comezou na parte baixa do río Miño con 154 licencias para embarcacións lusas e 68 galegas e durará ata o 15 de abril. O comandante do Miño, Juan Díaz, cifra nun 20% menos as embarcacións en activo no lado español con respecto ao ano pasado e advirte que “será unha temporada difícil” para os pescadores, como tamén o é para a hostalería que non pode aproveitar, con normalidade, o empuxón da tempada de lamprea.
Por segundo ano consecutivo, a pandemia da Covid-19 afecta á tempada de lamprea. No 2020, o confinamento decretado a mediados de marzo truncou pola metade a tempada de degustación de lamprea, e por riba, foron os meses de máis demanda, causando importantes perdas aos hostaleiros que tiñan moitas lampreas vivas agardando nos seus pilóns.
A tempada de degustación de lamprea comezou o 1 de xaneiro, cando se levantou a veda na parte baixa do río Miño (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) e se estenderá ata  o 16 de maio, cando remate a  pesca de lamprea nas pesqueiras situadas na parte alta do Miño (Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente), a máis tardía. Tamén Ponteareas é un concello no que se pesca lamprea, no río Tea, neste caso pola noite desde unha estacada colocada no leito fluvial.
Aínda que a tempada aínda vaia durar ata maio, os hostaleiros dubidan que poidan aproveitala pola pandemia. “Podríamos salvar la temporada  si empezásemos a dar lamprea a mediados de febrero pero tal y como está esto, lo veo difícil” prevé Alfonso Pérez, dono do restaurante arbense Casa Barcia, quen considera que “la lamprea hay que servirla y comerla en el momento porque en casa, recalentada, pierde muchísimo”.
Aínda que son moitos os restaurantes que ofrecen nas súas cartas “lamprea á bordalesa”, os hostaleiros de Arbo aclaran que a que eles preparan non é a receita francesa. “Hai xente que pensa que leva chocolate pola cor que ten, pero a que facemos nós, o que lle da esa cor é o sangue, cando se desangra na propia pota” explica José Luis Pereira, xerente do restaurante Os Pirús.
Terra por excelencia de lamprea, coa festa gastronómica máis antiga de Galicia, Arbo reivindica a súa tradición.  “La lamprea donde siempre se dio fue en Arbo, su fuerza siempre fue en Arbo, pero, a raíz de que vieron que era un negocio, se expandió por todas partes, y la seca también, pdonde siempre se secó fue en Arbo” especifica o dono de Casa Barcia.
A COVID-19 truncou os primeiros meses de degustación de lamprea prexudicando, non só á hostalería, senón a toda a economía local. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, recoñece que “este ano, de novo, o coronavirus nos está golpeando dunha maneira brutal. Segue golpeándonos á hostalería, ao sector vitivinícola, ao turismo rural e as empresas de deporte de aventura, afecta a toda a economía local”.

Nas pesqueiras

Os pescadores de lamprea nas pesqueiras do Miño comezarán a pescar o 15 de febreiro. “O toque de queda acaba ás seis da mañá e a esa hora algúns pescadores xa estarían no río e pola noite non nos afectaría, a non ser que o adianten” explica Ángel Fernández, presidentede da Asociación de Pescadores O Trabadoiro.
As restricións impostas o ano pasado si que lles perxudicaron. “Esperemos que non pase o mesmo que nos anularon totalmente,  nos englobaron como se fósemos pescadores de cana, de pesca deportiva, cando nós realmente somos profesionais de toda a vida. O que pasa é que agora hai un problema coa venda das lampreas que non se  poden vender legalmente, que están vendo se solucionan, e claro, mentres tanto, nos poñen como pescadores de cana, en lugar do que somos, porque as nosas lampreas sempre foron para consumo e incluso para vender” explica Fernández.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral