Un motorista resulta ferido este luns logo de que o alcanzara un turismo, que continou a marcha, segundo informa o 112 Galicia.

Foi unha persoa a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia co fin de solicitar asistencia médica para o motorista que resultou ferido. O accidente ocorreu ás 16:30 horas na estrada que une o concello de Mos ao Polígono de Veigadaña, á altura da Porteliña. Segundo o relato desta persoa particualar o turismo implicado no accidente "xa non estaba no lugar".

O 112 Galicia deu aviso, entón, aos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 que informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do sinistro. Minutos despois chegou a aeronave, pero o ferido foi evacaudo en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Para que se coñezan as circunstancias do suceso, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local ao mesmo tempo que se puxo en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos así como aos membros de Protección Civil da localidade sobre o acontecido.

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral