Nestes días darán comezo as obras de cambio de tella deste centro dedicado á promoción económica, emprego e formación.


Os traballos consisten na desmontaxe da tella cerámica, cumbreiras, limas, brocas, e demais puntos singulares da cuberta. A nova cuberta será de tella cerámica curva envellecida 40x15 centímetros, en dúas fases. Instalarase tamén un sistema de recollida de augas pluviais nos beirados da cuberta.
O proxecto ascende a 39.984 euros máis IVE que asumirá o Concello con fondos propios, con cargo ao orzamento municipal, dentro do plan de mantemento e conservación de edificios municipais.


Outras melloras

Proximamente tamén se farán investimentos nos sistemas informáticos do centro coa montaxe dun servidor.
Esta obra de mellora súmase á instalación do sistema de climatización en todas as estancias do centro, que na actualidade conta con distintas aulas: unha polivalente, aula de informática, aula de cociña e de ebanistería. Ademais de despachos de emprendedores, salas de xuntas e salón de actos.

Servizo de orientación laboral

Este centro acolle ademais o servizo de orientación laboral, con dúas persoas e un técnico de emprego.
Ao longo destes últimos tempos desenvolvéronse varios cursos de formación como atención sociosanitaria ou operario de automoción, ademais dun programa integrado de emprego con 100 persoas desempregadas e cursos de formación da Aula Mentor.
Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de Emprego e Formación, explica que “estamos a facer investimentos importantes neste centro de desenvolvemento local que acolle o servizo municipal de promoción económica que xa é referente na comarca. Un servizo prioritario que atende máis de 2.000 consultas anuais”.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron