viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaOs empresarios de Mos advirten do futuro de 800 familias

Os empresarios de Mos advirten do futuro de 800 familias

A alcaldesa, Nidia Arévalo e os voceiros dos distintos grupos da corporación municipal reuníronse cos representantes das empresas afectadas en Monte Faquiña polo sobre custe do chan, que lle trasladaron o seu “profundo malestar”

No encontro os empresarios informaron sobre “o nulo avance das negociacións sobre os contratos de renovación das súas instalacións, que afecta a unha trintena de empresas e a máis de 800 traballadores”. Desde sempre o xerente dos empresarios advertiu “que a falta de diálogo abre feridas e non as pecha e, en todo o proceso de negociación de contratos, a Comunidade de Montes de Tameiga está evidenciando unha incapacidade para o diálogo”. Ademais, apuntou que “a principal prexudicada de todo isto é a imaxe de Mos”.
Esta escalada no prezo do canon está asestando un duro golpe a estas empresas e pemes cuxa viabilidade se ve comprometida. Os empresarios coinciden en que “é unha preocupación calquera incremento de costes. Ponnos nunha situación complicada, xa que moitas empresas estamos aínda funcionando nuns marxes de facturación moi por debaixo do que era habitual antes da COVID”.
Los empresarios de Mos están “perplexos e moi preocupados” polo impacto que a súa posible marcha a Portugal poida ter sobre o desenvolvemento económico e social de Mos. E así cualifican de “extraordinariamente grave” a situación que están vivindo os empresarios afectados de Monte Faquiña, que se enfrontan a un incremento do 1200% nos seus canóns polo uso dos terreos
Escoitadas as formulacións dos empresarios e os seus representantes, a alcaldesa considera que “Mos é estratéxico para as empresas e o tecido empresarial é vital para o desenvolvemento socioeconómico do territorio”, e anunciou que “traballará nun plan para evitar a súa fuxida, co fin de que «permanezan no territorio, pois canto máis os apoiemos máis posibilidades haberá de que se queden e sigan xerando riqueza». Nidia Arévalo non entende que, “nuns momentos nos que a economía local aínda se está recuperando dos efectos devastadores da COVID, desde a Comunidade de Montes adopten unha postura que pretende provocar una desestabilización do emprego e da economía de toda unha comarca, algo irresponsable”, asegura.
A rexedora sinalou que todo o Concello se debe “preocupar e ocupar” da fuga de empresas. «É negativo que haxa peches, pero nestes casos son circunstancias alleas á xestión administrativa de Mos, por iso seguimos traballando para que Mos se manteña sendo como territorio interesante para investir», concretou.
Desde o Concello de Mos anunciaron que se está traballando na liña de favorecer ditas contornas, buscando fórmulas posibles para preservar o interese social.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES