Sara Fernández, do Club Rosaleira, foi primeira na categoría xuvenil da II Fase Amateur Libre do Galego de Patinaxe Artística celebrada no Óscar Pereiro

 O pavillón acolleu o pasado sábado esta competición organizada polo club mosense. Participaron un total de 75 patinadores e patinadoras de entre 13 e 20 anos, pertencentes a 30 clubs de patinaxe de toda Galicia.

As clasificacións foron as seguintes.

En categoría absoluta feminino:
1ª Lia Ji Mata Lena do Club Patiart Coristanco.
2ª Candela Seoane Reguera do CPA Soutomaior.
3ª Paula Rivas Vila do CP Bolboreta de Redondela.

Categoría cadete feminino:
1ª Paula López Mella do CP Buxaina de Ferrol.
2ª Ana Crugeiras Sampedro do CP Ribeira.
3ª Daniela Regueira Álvarez do Patín Coruxo.

Categoría cadete masculino:
1º Antonio Valverde Rodríguez do Patín Vagalume de Vigo.
2º Xabier Caamaño Pintos do Patín Oroso.
3º Alex Ares García do Club Patiart Coristanco.

Categoría xuvenil masculino:
1º Fabián Martínez Longueira do CP Alquimia de Carral.

Categoría absoluta masculino:
1º Pablo Cerezo Pérez do CP Bolboreta de Redondela.

Categoría cadete feminino:
1ª Antía Fernández Núñez do Club Patiart Coristanco.
2ª Blanca Esmorís Vázquez do CP Buxaina de Ferrol.
3ª Nieves Sánchez-Caballero López do CPA Valladares.

Categoría xuvenil feminino:
1ª Sara Fernández Lorenzo do CPA Rosaleira de Mos.
2ª Claudia Carvajal Aguado do Patín Vagalume de Vigo.
3ª Fátima López Montes do Patín Coruxo.

¿E ti, es de Tweet?