viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaNovo equipo de excarceración para o Servizo de Emerxencias de Mos

Novo equipo de excarceración para o Servizo de Emerxencias de Mos

A maquinaria está valorada en preto de 58.000 euros e foi concedida pola Axencia Galega de Emerxencias.

O Concello de Mos vén de recibir da AXEGA un novo equipo de excarceración para o Servizo Municipal de Emerxencias, GES e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Emerxencias, Leo Costas, e o coordinador do Servizo Municipal, Rodrigo Iglesias.
O equipo foi concedido pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e entregáronse 3 a 3 concellos de toda a comunidade autónoma: Mos, Noia e Friol. Trátase dun equipo de excarceración valorado en 58.000 euros e que conta con dous sistemas: un hidráulico e outro de baterías eléctricas.
O sistema hidráulico está dotado de varias ferramentas. Un RAM, cilindro para expandir metáis como un gato hidráulico. Unha separadora. E unha cizalla. A maiores o sistema hidráulico inclúe elementos auxiliares como cortapedais, serra, punzóns para cristais e protectores para persoas, para cubrir aos feridos.
O sistema eléctrico de baterías é unha multifunción dotada de cizalla e separadora.
Este novo equipo de excarceración inclúe tamén un sistema de estabilización de vehículos consistente nunha serie de puntais.
Os representantes municipais destacaron “a importancia deste novo equipo, dada a elevada actividade do Servizo de Emerxencias, que asiste a unha media de 300 accidentes ao ano. De aí a relevancia de renovar e mellorar o equipo de excarceración, cunha maquinaria que é das mellores existentes no mercado actualmente. Se os efectivos están mellor equipados poden ofrecer unha resposta mellor para quen o precise”, declararon. O Concello xa dispoñía dun destes equipos pero que levaba un prolongado uso e agora verase sensiblemente mellorado con esta nova dotación.
A maquinaria está destinada a intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou estruturas colapsadas. O equipo está destinado a atender intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou rescates en espazos confinados ou estruturas colapsadas aos GES de Mos e Servizo Municipal de Emerxencias. Estes novos equipos amosan o compromiso do Goberno galego coas emerxencias e co persoal que traballa neste servizo para a comunidade co obxectivo que conten cos medios necesarios ante intervencións de tales tipos.
Os equipos de excarceración entregados este martes están destinados a atender intervencións como accidentes de tráficos con persoas atrapadas, rescates en espazos de difícil acceso así como calquera tipo de emerxencias de salvamento ou rescate onde sexa necesario empregar ferramentas hidráulicas de corte, separación, tracción e elevación.
Os equipos de emerxencias contan con dous elementos necesarios para a intervención como unha bomba hidráulica, dúas mangueiras hidráulicas, 2 cizallas, un separador, un cilindro RAM separador, dous puntais de estabilización, unha ferramenta combinada con baterías e cargador para realizar operacións de separación, corte e obturación, un protector de Airbag, un xogo de bloques e cuñas, un set de cubertas protectoras e escudos protectores para vítimas e rescatadores, un rompecristais e un punzón.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES