A axuda é de 1.500 euros por contrato e van dirxidas aos sectores sociosanitario e o da construción. O prazo para solicitala estará aberto ata o 1 de xulloullo.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informan de que foron aprobadas na última Xunta de Goberno Local, as bases reguladoras de axudas á contratación por conta allea do alumnado participante no obradoiro dual de emprego “SOMOSMOS ”.
Trátanse dunhas axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación, práctica profesional e, no caso dos concellos, para incentivos á contratación temporal en empresas.
Tras recibir a notificación de subvención da Xunta de Galicia para o Concello de Mos a tal fin, a administración local aproba as bases que regulan as axudas ás que poden optar todas aquelas empresas interesadas en contratar a alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro de emprego “SOMOSMOS”.
As empresas ás que van dirixidas as axudas son as pertencentes ao ámbito da formación impartida polos obradoiros duais de emprego do Concello de Mos: albanelería, operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, fábricas de albanelería e, na rama sociosanitaria, atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio. Os interesados en solicitala poden dirixirse á Axencia de Colocación de Mos ou chamar ao teléfono 986 487 786 ata o vindeiro 1 de xullo, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.

O importe total das axudas ascende a 30.000 euros repartidos en 20 contratos laborais, cuxo importe da subvención será de 1.500 euros por contrato do traballo por conta allea. A concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia nas empresas e nos empregadores dos requisitos establecidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario. A contratación temporal cunha duración mínima de 3 meses, a tempo completo, deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do Obradoiro dual de emprego

¿E ti, es de Tweet?