sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMos homenaxea a 90 mulleres emprendedoras

Mos homenaxea a 90 mulleres emprendedoras

Tiveron o valor e a fortaleza de botar a andar os seus negocios nas dez parroquias mosenses e en sectores tan diversos como o sanitario, estético, deportivo, educación, espectáculos, alimentación, hostalería, farmacia, comercio…

O Pazo de Mos acolleu un acto homenaxe ás mulleres emprendedoras mosenses. Preto de 90 mulleres de diferentes sectores (sanitario, estético, deportivo, educación, espectáculos, alimentación, hostalería, farmacia, comercio, etc) foron recoñecidas polo seu valor e esforzo á hora de decidir emprender e desenvolver cargos de responsabilidade nas súas respectivas empresas.

Na homenaxe con motivo do 8M estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da corporación municipal. Arévalo puxo en valor “o papel da muller en postos de responsabilidade e na sociedade en xeral, como piar empresarial en Mos pero tamén como piar das familias e exemplo de traballo duro e superación. Estou enormemente orgullosa das mulleres mosenses, fortes e loitadoras; e estou orgullosa de que sexamos tantas as que hoxe nos reunimos neste Pazo de Mos para reivindicar e facer visible a nosa valía, que os sectores e postos antes maioritariamente masculinos xa non o son, ou non o son tanto, porque logramos facernos o noso oco neles, o que nos corresponde e merecemos por méritos propios, capacidade e aptitudes”.

O acto foi presentado pola xornalista do grupo Televigo – Radio Vigo Cadena Ser e veciña da parroquia de Pereiras, María Díaz, e organizado coa colaboración de Alba, educadora social e directora do CIM; Ana, xurídica do CIM; María, psicóloga do CIM, e Elena, psicóloga familiar do departamento de Política Social. Contouse coa actuación musical de Erika Lewis, mosense, tamén natural da parroquia de Pereiras, que forma parte do grupo de música Broken Peach, e é mestra de canto na escola MaiSon.

Interviñeron Lola de Floristería Lola, Lara da tenda de hípica Equipemos, Lucía e Rosana do Restaurante Quinta da Rivas en Torroso, Mikaela propietaria da orquestra M3, Patricia da clínica de psicoloxía Entropía e Mari Carmen Soliño de Muebles Soliño.

Listaxe de tódalas homenaxeadas, por parroquias:

Cela:
Clinica Dental Cristina Gonzalez
Panadería Nova Devesa
De Boa Man Esteopatia

Pereiras:
Panaderia San Miguel (Mari)
La Tienda De La Rubia
Dinails Uñas (Diana)
Floristeria Versilia
Floristeria Florimax (Mercedes Almeida)
Cortinas Corfe (Ana Alonso)

Louredo:
Equistrian Atylo Shop
Ten Destrict (Cruz)

Mos:
Equipemos (Lara)
Casa Paz
Alimentacion Paz (Geluca)
Pisamos Podología (Carla)
Bo Camiño (Esther)
Cafeteria Pazo De Mos (Nilsa)
Centro Integral (Laura)
Uñas Jenny Barciela
Pianagrama (Ana Belen)
Debora Estilistas
Vanesa Nogueira Estética
Taperia Flora
Floristeria Lola
A Casa Dos Parladoiros (Violeta)
Ás Maimiñas (Irene E Lucia)

Dornelas:
La Tia Tula (Yoli)
Muebles Soliño (Mari Carmen E Tere)
Furgo Can (Mayra)
Fotografía Maria Santorio

Torroso:
Peluqueria Susi
Pescaderia Luz
Seguros Generali (Sonia)
Estanco Peinador (Maria)
Granley (Inés)
Bombom Boutique
Clínica Dental Peinador/ Clinica Fisioterapia Integra
Centro Saluz Nuterapia
Restaurante Quinta Da Rivas (Lucia E Rosana)
Cesar Blanco (Marta)
Artesa Alimentación (Mari Carmen)
Farmacia Peinador (Elisa)

Tameiga:
Bioterapia Eva Varela
Floristeria Flor De Loto (Conchi E Fany)
Supermercado Puxeiros (Eva)
Inmobiliaria Loyda
Autoescuela Lusant (Yoli)
Escola Infantil Sorrisos
Supermercado Laxe
El Rincon De Ana
Visualiza (Flor)
Centro De Estética Carmen Liranzo
Bar Floriano
Estanco Perez
Peluqueria Class Salon
Peluqueria Elsa Pereira
Peluqueria Marta
Sara Lago Peluquería
Gimnasio Zusanly
Bar O Bocadiño
Bar Curuxeira (Elvira E Estrella)
Peluqueria Mary Carrera
Entropia Clinica De Psicología
Rosana Navarro Avogada
Bar Portela
Uxia Centro De Ioga
Esther Alonso, Avogada

Guizán:
Alimentacion Lola
Bar Veiga
Bar O Cabaliño
Bar Cruceiro
Irene Soto
Agrocampo
Carniceria De Pilar

Petelos:
Bar Miro Pereiro
Almacenes Rubi
Orquesta M3 (Mikaela)

Sanguiñeda:
Farmacia Sanguiñeda
Estanco Anibal
Centro De Dia Adiante
Autoescuela Qyaro
Clinica Dental Patricia Carrera
Bar Ponte De Senlle
Novanity Peluqueria
Bar Barreiro
Agroporriño (Isabel)

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES