viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaFinalizada a mellora da pista de San Eleuterio

Finalizada a mellora da pista de San Eleuterio

A obra ten un orzamento total de preto de 45.000 euros e conta con subvención autonómica de 31.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Deportes, José Areal, visitaron hoxe a pista polideportiva de San Eleuterio, unha vez concluídos os traballos de mellora da mesma.

Para a devandita mellora a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de preto de 31.000 euros.

O importe total do proxecto ascende a 44.198,5 euros, dos cales a Xunta achega unha axuda de 30.938,95 € e os 13.259,55 € restantes son aportación do Concello de Mos con fondos propios municipais.

A obra consistiu en traballos de mellora da pista polideportiva da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, coa finalidade de renovar os pavimentos, os elementos de peche e protección, así como os elementos vinculados ao desenvolvemento da actividade deportiva.

As obras abarcaron os conceptos seguintes: limpeza do pavimento da Pista Polideportiva. Limpeza dos muretes perimetrais da Pista Polideportiva. Desmonte do Peche Perimetral da Pista para a súa substitución. Pavimentación da Pista Polideportiva sobre o pavimento actual. Pintado do murete perimetral e dos xogos sobre o pavimento. E reposición do peche perimetral.

Os traballos comezaron procedendo a desmontar o peche perimetral da pista polideportiva, así como a retirada dos elementos deportivos que forman parte do mobiliario. Levouse a cabo a limpeza do pavimento da pista así como dos muretes perimetrais con lanza de auga a presión. Repúxose tamén o peche perimetral a base de malla metálica de simple torsión, con acabado plastificado e pintáronse os muretes perimetrais con pintura ao cemento.

E finalmente procedeuse, sobre o pavimento, unha vez levados a cabo os traballos de limpeza, á aplicación dun novo pavimento multicapa acrílico- epoxi. Tras o que se realizou o marcado das pistas de baloncesto, balonmán e fútbol sala.

Por último, dotouse á pista polideportiva de dúas porterías en substitución das existentes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES