viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaFantasmas e crimes no Porriño

Fantasmas e crimes no Porriño

Trala publicación da súa primeira novela fantástica “Un fantasma inquieto”, Francisco Pampillón está inmerso xa noutra policial cuxos escenarios transcorren tamén na vila do Louro

Conta unha vella lenda non escrita que, cando a túa tumba desaparece, cando o recordo da túa existencia é borrado das mentes das persoas, entón convérteste en pantasma. Así presenta o porriñés Francisco Pampillón a súa primeira novela logo de quedarse desempregado.
“Un fantasma inquieto” é unha historia sobre una vida dun mozo que regresa da morte convertido en pantasma e que, na procura doutros como el, diez unha serie de aventuras y vivencias que o farán madurar. Calquera pode lela enliña accendo á súa web www.fjpampillon.com, onde tamén a poderá adquirir en formato libro, ao igual que nalgunhas librerías da súa vila natal, acadando a día de hoxe os máis de 200 exelares vendidos.
Deseñador gráfico e informático, ao 52 anos, Francisco quedouse sen emprego e entón viu unha oportunidade para dar renda solta á imaxinación e dedicarse a súa maior afección, a lectura e escritura de libros. “Era autónomo, tiven que pechar porque traballaba para una construcción, sector gravemente afectado pola crise y con esa idade foime complexo retomar a vida laboral”, sinala agora con 60 anos cumpridos durante o confinamento.
Este non é o primeiro escrito de Francisco, “semper me gustou ler, considérome un lector compulsivo, e tamén escribir, sobre todo contos e relatos breves, pero nunca me atrevín a publicar nada ata entón”, confesa. Casado e con dous fillos, Francisco levou en secreto a composición desta novela: “A miña familia quedou sorprendida”.
Asegura que lle “entusiasman as historias ben contadas pero sobre todos aquelas relacionadas co realismo máxico. Semper busco lecturas que me conten algo que normalmente sexa imposible e que teñan a facilidade facermo crer como posible ”. E así foi como comezou a historia de “Un fantasma inquieto”.
En realidade a narración, “cunha linguaxe cha e sinxela”, iniciouna para un traballo que lle encargaron nun curso de galego. “Entón era un conto de 12 páxinas en galego, gustoume tanto que o traducín ao castelán eo convertín nun libro de máis de 200”. “Un fantasma inquieto” abrangue from a Guerra Civil ata a actualidade. Conta a historia dun mozo, Breixo, que aos 20 anos morre afogado e resucita como fantasma no mundo dos vivos, desde un pobo de Coruña viaxa a Porriño na procura da Bruxa Moncha, ela e outros fantasmas que coñece polo camiño axúdanlle a ensinar a vivir como tal, facerse visible para os vivos, move obxectos e incluso se decatou que podía chegar a curar. Viaxou por varias localidades galegas e tamén do estranxeiro, chegando a Edimburgo. Tras un longo periplo volveu á súa aldea onde se namorou dunha humana, Valentina, coa que tivo fillos e envelleceu. A Malladoura, a casa do Concello, o bar La Cueva ou Villa Florida son algunhas dos emprazamentos porriñeses que figuran en ningún libro, sen esquecerse tampouco da estación de tren co paso a nivel “moi perigoso”.
“Un fantasma inquieto” foi resultado de tres meses de escritura aínda que tardou un ano en ver a luz. Agora Francisco está inmerso na que será a súa segunda novela. Desta vez, de xénero policial na que se narran crimenes que pasaron no Porriño, a onde chega un inspector dende Madrid para resolvelos. “Son tamén historias inventadas”, puntualiza o escritor que aínda non ten título fixado pero si un provisional: “El último vuelo de la gaviota”. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES